Albóndegas de berenxena

Albóndegas de berenxena

Dende que me fixen vexetariana e aspirante a vegana, moi poucas veces volvín comer albóndegas. É un produto que tiña moi asociado á carne e que me parecía complexo preparar de outro xeito… Ata que miña nai preparou estas albóndegas de berenxena de Velocidad Cuchara.

O único que podo dicir é que me encantaron. Van ao forno e como levan pan, éste queda cruxinte e dalle unha textura moi saborosa.

Aquí vos deixo a receita que usei.

Ingredientes

  • 4 dentes de allo
  • 600 gr de berenxena con pel en anacos de 2-3 cm
  • 30 gr de aceite de oliva
  • 60 gr de auga
  • 180 gr de pan duro
  • 4 ramiñas de perexil fresco
  • 4 follas de alfábega fresca
  • 1 ovo
  • 1 pizca de sal
  • 1 pizca de pementa negra recén moída

Para a salsa de tomate

  • 800 gr de tomate natural triturado (de bote ou normal)
  • 50 gr de aceite de oliva
  • 2 culleres sopeiras de azucre
  • 1 culler de postre de sal

Elaboración

  1. Poñer 2 allos no vaso da Thermomix e picar 3 segundos, velocidade 7. Agregar os 600 gr de berenxena e trocear 6 segundos en velocidade 4. Baixar os restos das paredes e engadir o aceite e sofreír 6 minutos, varoma, velocidade 1.
  2. Agrega-la auga e programar 6 minutos, 100 graos, velocidade 1. Logo, trocear 3 segundos en velocidade 5 e verter a mestura nun bol para que atempere. Deixar repousar uns 20 minutos.
  3. Sen lavar o vaso, agregar o pan en anacos, 2 dentes de allo, o perexil, a alfábega e triturar 10 segundos en velocidade 10. Baixar os restos das paredes.
  4. Engadir o ovo, o sal, a pementa e a carne reservada das berenxenas e mesturar 15 segundos, xiro á esquerda e velocidade 3. Pasar a un bol e prequencer o forno a 200 graos.
  5. Engraxar un molde para forno e formar as albóndegas (saen unhas 20 de tamaño grande). Baixarlle ao forno ata 180 graos e meter as albóndegas durante 20 minutos.
  6. Mentres se fan as albóndegas, poñer no vaso os tomates trituradios, o aceite, o azucre e o sal, e programar 30 minutos, varoma, velocidade 2. Ao rematar, verter esta salsa sobre as albóndegas. Acompañar cun pouco de arroz en branco.
  • Valen para comer días despois de feitas pero perderán o toque cruxinte.
  • O pan pode ser branco ou integral, pero queda mellor co de barra que co pan de molde.
  • Se non tes tempo para facer a salsa, chega con poñer nunha tixola a salsa de tomate natural triturado e salteala cun pouco de allo e agregarlle ourego.
Receita orixinal: Velocidad Cuchara.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*