Alcachofas estilo Ingrid

Alcachofas estilo Ingrid

De Ingrid sempre aprendo cousas da terrenal e do espiritual pero sobor de todo aprendo moitas cousas de cociña. E xa fai un tempo que adeprendín que as máis das veces os grandes praceres non se esconden en cousas moi elaboradas senón nas preparacións máis sinxelas.

Dende que me ensinou este xeito tan simple de cociñar as alcachofas, fágoas moitas veces para cear cando quero ter algo xa preparado cando chegue de correr ou por se chego tarde.

Tamén son moi prácticas para cando quero comer un pouco menos e sentirme saciada: ao tardar máis en “churrupear” as follas da alcachofa, entretéñome e noto antes a sensación de cheo no estómago.

De verdade vos digo: que xeito tan sinxelo de preparar unha verduriña e que quede moi saborosa.

A darlle duro.

Ingredientes

  • Alcachofas
  • Limón
  • Aceite de oliva
  • Sal

Elaboración

  1. Cortarlles só o rabo ás alcachofas.
  2. Cocer as alcachofas enteiras na ola express as alcachofas (contar 5 minutos na posición 2 dende que suba o pitorro).
  3. Escoar as alcachofas e abrilas como unha flor (como se ve na imaxe).
  4. Regar cun fio de aceite de oliva e unhas pingas de zume de limón.
  5. Espolovorexar cunhas areas de sal ao gusto.
  • As “escamas” non se comen. Só se “chupetea” a parte de dentro que está máis branda.
  • As mazás deshidratadas pódense facer na casa pelando mazás en toros e deixandoas entre 7 e 8 horas no forno a 50 graos.
  • Quedan igual de boas requencidas un pouquiño no microondas ao día seguinte
Receita orixinal: Da miña amiga Ingrid.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*