Almorzo de avea e cenoria


Ingredientes

Para 6

2 tazas de copos de avea
1 culler de postre de lvadura en pó
1 chisco de sal
1 culler de postre de canela moída
1/4 culler de postre de cardamomo moído
1/4 culler de postre de noz moscada
1/4 culler de postre de xenxibre en pó
1 vaina de vainilla, raspada cun coitelo
1 taza de cenoria relada
2 culleradas sopeiras de sementes de chia
2,25 tazas de leite de avea
1/3 taza de auga
1 taza de noces picadas en anacos grandes
1/4 taza semillas de xirasol
1/4 culler de postre de reladura de limón
1/2 taza de sirope de ágave
2 culleres de postre de aceite de coco

Elaboración

1) Prequencer o forno a 180ºC e preparar un molde rectangular engrasado con aceite de coco.

2) Nun bol mesturar os copos de avea con todas as especias, o sal, a reladura de limón e a levadura.

3) Relar a cenoria e incorporala á mestura.

4) Volcar no molde previamente preparado.

5) No mesmo bol que nos quedou baleiro, bater a mestura de sementes de chía e 1/3 de taza de auga co leite de avea.

6) Volcar sobre a mestura de avea, repartindo ben para que se empape todo.

7) Reutilizar novamente o bol para combinar as noces, as sementes e o endulzante. Repartir esta mestura por riba do que temos no molde.

8) Meter no forno durante 20-30 minutos.

Notas

Como endulzante pódese usar tamén mel, melaza de arroz, sirope de arce, etc.

En lugar de facer a mestura de chía, tamén se poden usar 2 ovos.

Está moi bo recén feito pero aguanta moi ben dun día para outro. 

Fonte

Receita orixinal: Desayuno con guisantes

Un comentario

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*