Arepas

Ingredientes

180gr de fariña de maiz precocida para arepas P.A.N.
300gr de agua
Un chisco de sal

Elaboración

1) Poñer todos os ingredientes no vaso e mesturar 20 segundos en velocidade 6. A masa quedará esparexida polas paredes do vaso. Baixala e sacala do vaso.

2) Coas mans húmidas formar bolas de 48 gr máis ou menos e aplastalas deixándoas dun grosor de 1 centímetro e medio máis ou menos.

3) Fritilas polas dúas caras nunha tixola con aceite e deixalas secar nun papel absorvente.

Notas

Aptas para celíacos.

Se se queren facer máis lixeiras, pódense marcar un pouco na plancha con pouco aceite e despois poden ir ao forno durante 15 minutos a 180º. 

Como recheo pódese usar por exemplo guacamole.

Fonte

Receita orixinal: Velocidad cuchara

2 Comments

  1. Están moi ricas e pódense rechear co que mais lle guste a cada un. Tamén se poden facer na barbacoa simplemente para acompañar o churrasquiño.

  2. Pois si, pero o churrasquiño que sexa vexetariano ou vegano. Aquí hai algunhas ideas: http://www.dimensionvegana.com/tag/churrascos-de-seitan/

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*