Avea nocturna ou “Overnigth oats”

Overnight oats

Encántame almorzar gachas de avea en todos os seus formatos, pero case sempre as fago quentes (vale, xa non me queixo máis do frío que fai por aquí) ao erguerme pola mañá. E claro, queiras que non, iso leva uns 15 minutiños ou máis tranquilamente. E ás veces prefiero quedar na cama esos 15 minutos.

Así que as coñecidas como “overnigth oats” ou gachas nocturnas son unha solución perfecta para esos días que imos con máis présa polas mañás ou que nos temos que levar o almorzo posto.

O proceso é bastante sixelo e consiste en mesturar pola noite todos os ingredientes nun tarro de cristal e deixalos repousar toda a noite na neveira. Ao día seguinte, estás cremosas e listas para consumir.

Probei a facer unha mestura de pudding de chía unido a unhas gachas nocturas básicas e como quedaron moi ricas, comparto a receita por se alguén se anima.

Chía coloreada

Ingredientes

Pudding de chía e chocolate

  • 6 culleres sopeiras de semillas de chía
  • 2 culleres sopeiras de cacao en pó sen azucre
  • 1 taza de leite vexetal (250 ml)
  • 3 culleres sopeiras de sirope de ágave/mel

Gachas nocturnas

  • 1/3 de taza de iogur vexetal (eu coco)
  • 1/2 taza de copos de avea grosos
  • 2/3 de taza de leite vexetal (améndoa, avea, coco…)
  • 1 culler sopeira de sementes de chía
  • unha pizca de sal
  • 2 culleres sopeiras de mel/sirope ágave ou medio plátano esmagado

Elaboración

  1. Nun tarro mesturar todos os ingredientes do pudding de chocolate e noutro tarro mesturar todos os ingredientes das gachas nocturas.
  2. Deixar repousar na neveira coa tapa durante toda a noite.
  3. Para servir colocar pudding de chocolate no fondo e gachas por riba. Decorar con froitas e froitos secos.
  • Pódese preparar con antelación e telo na neveira durante varios días.
  • Eu usei leite de avea pero quedan mellor co leite de améndoas.
  • Pódese reemplazar o mel ou o sirope por plátanos esmagados pero deben estar bastante maduros para que engadan doce.

Así gardo eu as gachas e o pudding pola noite na neveira.

Botes de cristal con gachas de avea

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*