Barriñas enerxéticas

O pasado sábado fun con Basi e máis cun amigo a correr o Raid de Cariño, e andaba eu rebuscando en vellas receitas para facer unhas barriñas menos dañinas que as comerciais, cando o meu compi de traballo David me pasou esta receita.

Merece a pena facelas. Quedan moi ben, e aínda que non son súper sanas, son mellor alternativa que as comerciais. 

Ingredientes

200 gr de avea fina en copos
90 gr de froitos secos variados (avelás, noces, etc.)
Un puñado de froitas deshidratadas
1 ovo + 1 clara
160 ml de iogur tipo grego
3 culleres sopeiras de sirope de ágave
2 culleres sopeiras de aceite de oliva suave

Elaboración

1) Mesturar os copos de avea cos froitos secos picados e a froita deshidratada tamén picada fina.,

2) Noutro bol, mesturar o resto de ingredientes.

3) Mesturar ben o contido de ambos boles.

4) Untar de aceite ou manteiga un molde rectangular e verter nel a masa.

5) Darlle forma para que cubra toda a superficie do molde.

6) Meter no forno prequencido a 170 graos durante 18 minutos.

7) Retirar do forno e deixar que se poña tépeda a barriña. Despois sacala do molde e deixala enfriar completamente sobre unha grella.

8) Cortar en forma de barriñas do ancho e longo que máis nos guste.

Notas

Na receita orixinal Alma facía unha cobertura con media tableta de choco branco e unha culler sopeira de iogur grego. Fundía o choco e mesturábao co iogur. Logo cun biberón estendíao por riba das barriñas.

O problema é que ese choco, aínda despois de estar na neveira, queda moi pastoso e se queres levar a barriña ao monte, derrétese todo. Así que se son para usar en camiñatas, é mellor non poñerlle a cobertura de chocolate.

O molde  no que se bote a masa para facer a barriña debe ter un ancho que permita que a masa colla polo menos 1 cm de altura. 

Fonte

Receita orixinal: O blog de Alma

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*