Bocadillo de viaxe

Bocadillo de viaxe

POis así de sinxela, unha receita de bocata. Parece unha tontería, non é? Pero un dos primeiros problemas que temos cando nos pasamos a ser vexetarianos ou veganos é: que carall… lle meto a un bocata? Antes era moi sinxelo: chourizo, salchichón, queixo, mortadela, xamón serrano, pavo… pero a min sempre me resultou un pouco complicado atopar unha alternativa vexetal para os bocatas de toda a vida.

Tiña que ser algo que se conservase ben, que aguantase as altas temperaturas do verán ou de estar fóra da neveira, sabroso, e que se puidese facer con ingredientes que un máis ou menos tivese pola casa. E aínda que vos pareza unha chorrada… non se me viña nada á cabeza e sempre remataba por facer uns insulsos bocatas de queixo que como única alegría ao mellor levaban un tomate.

Tendo sido carnívora toda a vida, pois é ben certo que non tiña mopita idea ou tradición familiar de facer bocatas vexetais. Por iso, hoxe quero compartir esta idea de bocadillo de viaxe para que todos os que vos vexades na miña mesma situación teñades unha idea pola que comezar. Se finalmente se vos ocorren novas ideas, non dubidedes en facermas chegar (estou sempre á procura de novos bocatas).

Como non me gusta nada levar plásticos, lévoo no meu “BocandRoll”. É un pequeno pano plastificado que sirve para envolver o bocata (en lugar de usar papel de aluminio ou film transparente) ao tempo que fai as veces de mantel. É moi práctico para cando se vai de viaxe porque o podes colocar sobre o colo e comer enriba del sen medo a que traspase a graxa ou o aceite dos bocatas.

Lávase na lavadora e é reusable polo que é moito mellor que usar plásticos e bolsas.

Podedes mercalo nesta tenda online e tamén ver cómo funciona, que cores hai dispoñibles, etc.

Aquí vos deixo unha foto de cómo queda co bocadillo de viaxe dentro.

Boc and Roll

Ingredientes

  • Queixo en lonchas (un par)
  • 1 tomate de ensalada
  • 4 ou 5 follas de mezclum ( rúcula, mizuna, leituga mostaza)
  • 1/4 de mazá
  • 1 culler de postre de levadura de cervexa
  • 1 culler sopeira de pipas de cabaza
  • 1 ou dous pementos do piquillo
  • Media barra de pan para bocata
  • Un chisquiño de sal

Elaboración

  1. Abrir o pan e coa metade do tomate restregar na miga e agregar un chisco de sal.
  2. Incorporar as lonchas de queixo e o que sobrou do tomate en toros.
  3. Espolvorexar a levadura sobre o tommate e cubrir coas follas de mezclum.
  4. Sobre o mezclum colocar lonchas de mazá cortadas moi finas (case transparentes) e espolvorexar con pipas de cabaza e xirasol.
  5. Cortar os pementos en anacos moi miúdos e colocar uns cantos anacos na última capa do bocata.
  • Queda mellor cun pan integral de sementes.
  • Eu estou tratando de poñerlle sempre queixos veganos. Cando non o teño feito da casa, uso os de Divina Teresa; en concreto para este bocata póñolle o Saturn.
  • Este prato sírvese frío ou atemperado.
Receita orixinal: invento meu.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*