Bol de verduras

Bol de verduras

Últimamente están moi de moda en internet os “Buddha Bowls”, que non son máis que un montón de ingredientes bastante sanotes metidos nun bol ata rebosar, simulando a prominente barriga dun Buda.

O certo é a pesar de que moitas veces empregan verduras moi normaliñas, o modo de presentalas fai que teñan un plus e me apeteza máis comelas. Así que hoxe fixen unha adaptación dunha receita de Danza de Fogones usando o que tiña pola casa.

Gustou moito e resultou ser unha comida bastante saciante e que deixa boa sensación no bandullo durante boa parte da tarde.

Ingredientes

  • 2 patacas medianas
  • 1 aguacate
  • 1 tomate
  • 250 gr de quinoa
  • un bote de fabas cocidas
  • 1 bolsa de espinacas
  • 4 culleres sopeiras de tahini
  • 2 culleres sopeiras de zume de limón
  • 1 culler sopeira de salsa de soia
  • 1 culler sopeira de azucre moreno
  • 4 culleres sopeiras de auga

Elaboración

  1. Preparar o forno e cociñar as patacas ao estilo Deluxe.
  2. Nunha pota poñer a cocer a quinoa (unha taza) con 500 ml de auga (dúas tazas), agregar un pouco de salsa de soia e cocer durante uns 15 minutos ou ata que se evapore a auga e quede a quinoa ao dente.
  3. Mentres se coce a quinoa e as patacas, picas o tomate en tacos, pelar o aguacate e trocealo.
  4. Nun bol colocar as espinacas e colocar enriba delas o tomate e o aguacate troceados. Agregar as fabas cocidas.
  5. Escoar a quinoa e agregala xunto coas patacas ao bol.
  6. Finalmente mesturar nun recipiente o tahini, o zume de limón, a salsa de soia, o azucre e a auga, e verter por riba de todo o que temos no bol.
[box type=”tick” icon=”none”]
  • En troques de patacas pódese empregar boniato.
  • As fabas poden ser tamén pintas ou incluso azuki.
  • Pódese servir tanto tépedo como frío.
[/box] [box type=”info”]Receita orixinal: Danza de fogones.[/box]

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*