Boliños de millo e arroz

Boliños de maiz e arroz

Xa hai tempo, Kike de Couzadoiro trouxome unha excelente fariña de millo ecolóxico. Así que me puxen a buscar que preparación facer con ela, xa que non é que teña eu moita práctica en cociñar con este tipo de fariña que é un pouco máis delicada de traballar. E atopei esta receita de boliños de millo e arroz aptos para celíacos que son ben sinxeliños de facer.

Aquí vos deixo a receita.

Ingredientes

  • 120 gr de fariña de arroz
  • 120 gr de fariña de millo
  • 1/2 culler de postre de bicarbonato de sodio
  • 1/2 culler de postre de sal
  • 2 culleres sopeiras de liño moído ou chía
  • 1/2 culler de postre de zume de limón
  • 360 ml de auga
  • aceite de oliva
  • Sementes de papoula ou sésamo

Elaboración

  1. Prequencer o forno a 230 graos e forrar unha badexa con papel de forno.
  2. Mesturar todos os ingredientes secos nun bol.
  3. Noutro bol, mesturar o aceite co zume, e o liño/chía coa auga. Deixar repousar.
  4. Pasados 10 minutos, agregar os ingredientes secos á mestura líquida.
  5. Darlle forma aos boliños e colocalos na badexa para meter ao forno pintando cada boliño cun chisco de aceite e esparexer unhas poucas sementes de papoula/sésamo.
  6. Meter no forno durante aproximadamente 15 minutos.
  • Quedan brandos por dentro e duros por fóra.
  • Van xenial para abrilos pola metade e meterlles marmeladas ou queixo.
  • A mestura das masas pódese facer na Thermomix.
  • Aguantan moi ben o paso dos días. Non perden frescura.
Receita orixinal: Más allá del gluten.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*