Buñuelos de cabaza


Esta receita pasouma a miña presentadora de Thermomiz, Luisa Vizoso, que sempre ten unhas ideas xeniais para facer cousas ben ricas.

Ingredientes

170 gr de cabaza cocida e escoada (uns 250 gramos antes de cocer)
200 gr de fariña
1 sobre de levadura de panadería
60 gr da auga de cocer a cabaza
75 gr de azucre
un chisco de sal

Elaboración 

1) Poñer no vaso 1 litro de auga e 4 sementes de cardamomo. Colocar o cestillo e nel a cabaza troceada sen pel. Programar 25 minutos, temperatura varoma, velocidade cuchara.

2) Ao rematar sacar a cabaza e retirar as sementes de cardamomo. Deixar arrefriar.

3) Poñer no vaso a cabaza, 60 gr da auga de ferver a cabaza e 75 gr de azucre, un chisco de sal e programar 1 minuto a temperatura 37º, velocidade 3.

4) Engadir ao vaso a fariña, o sobre de levadura  e mesturar programando 1 minuto e medio a velocidade 3.

5) Deixmos no vaso uns 30 minutos ou ata que dobre o volume.

6) Unha vez fermentada a masa, quitámoslle o aire removendo cunha culler.

7) Poñemos a quencer aceite de oliva e cando estea ben quente, facemos boliñas coas masa (usando dúas culleres) e poñémolas a freír no aceite. Deixalas fritir ata que collan color.

8) Deixar escoar sobre papel absorbente e espolvorexar con azucre glas.

Notas

O azucre glas hai que botarllocando estean fríos. Están mellor o mesmo día que se fan, ao día seguinte perden un pouco.

Fonte

Receita orixinal: Cocinando para los mios

2 Comments

  1. Ccreo que aqui falta algo. Cando añadimos a cabaza 😕 E canta auga se pon coa fariña ?

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*