Champis rebozados

Ingredientes
(as cantidades a usar van en función dos comensais)

unha bandexa de champiñons enteiros
fariña normal
pan relado
ovo para rebozar
perexil
allo picado
sal e pementa
aceite de oliva

Elaboración

1)  Limpar os champiñóns cun papel ou trapo sen mollalos. Se son moi grandes, cortalos en cuartos.

2) Poñer os champis nun bol con allo picado, perexil picado, un chorriño de aceite e salpementar ao gusto. Mesturar ben para que todos os champis collan o saber e deixar macerar un pouquiño.

3) Preparar unha bolsa de plástico e meterlle fariña dentro. Volcar os champis e sacudilos para que queden todos ben impregnados pero sen grumos de fariña.

4) Bater os ovos e pasar por eles os champis xa rebozados en fariña.

5) Por último, tras pasar os champis polo ovo batido, empanalos co pan relado co mesmo truco da bolsa. Con este truco quedan moi ben rebozadiños, afórrase tempo e non se mancha case nada.

6) Nunha tixola co aceite quente, fritir os champis  a lume medio para que se fagan ben por dentro e non se queimen por fóra.

7) Retiralos da tixola e deixar que escoen o aceite sobrante sobre un prato forrado con papel de cociña.

Notas

Para acompañar pódese facer unha salsa rosa, un pouco de maionesa ou veganesa, unha salsa con iogur e tomiño…

Fonte

Receita orixinal: Cocina con reina

4 Comments

  1. Ola, hoxe mesmo vou probar este receita. Encántame o truqui da bosiña para rebozar que eu sempre deixo todo perdido :).
    Xa vos contarei que tal o resultado, seguro que riquísimos.

    • Ola Bea! Que ben verte por este recetario virtual 😉 Alégrome que che gustea idea da bolsiña para empanar. Eu tamén mancho bastante cando empano, así que con esta idea teño menos que limpar.

      Se vades algún día por Coruña tedes que ir probar os champis rebozados que fan na "Bocatería"… deliciosos. Eses si que están boísimos.

  2. Éxito rotundo do truqui da bolsa e dos champis rebozados. Sen dúbida, repetirei a facelos.

    • Perdoa que este comentario anda por ahí sen aprobar e non o vin ata hoxe.

      A referencia que che mandaba por se algún día ides a Coruña é http://www.lapicoteria.es/

      Alí fan os mellores champis rebozados con salsas para pingar que probei na miña vida.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*