Crepes de porro, calabacín e queixo de cabra


Ingredientes

2 porros
1/2 calabacín
100 gr de queixo de cabra
250 ml de viño de Oporto
maicena
auga
aceite de oliva
sal
perexil

Para os crepes:
3 ovos
150 gr de fariña
1/4 l de leite
2 culleradas sopeiras de aceite de oliva
sal
perexil picado
1 noz de manteiga

Elaboración

1) Para facer a masa dos crepes, poñer nun vaso de batedora os ovos e engadir a fariña, o leite, o aceite, un chisco de sal e un pouco de perexil picado. Triturar coa batedora ata que quede unha masa sen grumos.

2) Fundir a manteiga nunha tixola e verter un cazo de masa, estendela e cando calle, darlle a volta para facer o crepe. Con esta receita saen uns 8 crepes máis ou menos.

3) Para  o recheo, hai que limpar e picar os porros. Unha vez feito, pochar nunha tixola a lume medio cun chorriño de aceite e sal.

4) Picar o calabacín en cuartos e engadilos á tixola. Tapar a tixola durante uns 4 minutos. Escoar a verdura (porque sudará ao estar tapada) e deixar que atempere. Colocar nun costado de cada crepe unha porción desta mestura de verduras e 1 toro de queixo de cabra.

5) Doblar os crepes en triángulo ou en redondo e fritir na tixola cun pouco de aceite.

6) Poñer o viño de Oporto a reducir nunha tixola ata que colla consistencia espesa. Ligar a salsa cunha culler de postre de maicena diluida nun chisco de auga fría.

7) Servir os crepes coa salsa de Oporto por riba.

Notas

Para que non perdan temperatura, pódense manter os crepes no forno a 160 graos.

Fonte

Receita orixinal: Carlos Arguiñano

Un comentario

  1. Esto está moi pero que moi rico

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*