Dedos amputados

Dedos amputados

Tiña que facer unhas prácticas para festexar o Samaín (ou o Halloween, según lle pete a uns ou a outros) e decanteime por estas galletiñas de manteiga de aspecto asqueroso pero de sabor delicioso.

Fáciles e rápidos de facer, estes dedos amputados de halloween/Samaín son terroríficos! Prometo que pasaredes un bo rato en familia ou con amigos decorando cada membro amputado.

Dentro receita.

Ingredientes

  • 1 ovo
  • 2 ovos
  • 50 gr de azucre glass
  • 100 gr de azucre blanquilla
  • 1 culler de postre de vainilla líquida
  • 300 gr de fariña de repostería
  • 100 gr de manteiga a temperatura ambiente
  • Améndoas para decorar os dedos (saen uns 20)

Elaboración

  1. No vaso da Thermomix poñer a manteiga, os dous tipos de azucre, a fariña, a vainilla líquida e o sal e programar 1 minuto, 37 graos, velocidade 3 e medio.
  2. Nun bol bater un ovo e a clara do outro e agregalos ao vaso polo bocal e mesturar uns 40 segundos en velocidade 3.
  3. Sacar a masa, darlle forma de bola e deixala repousar na neveira durante 30 minutos envolta en film. Prequencer o forno a 180 graos.
  4. Pasados os 30 minutos, coller a masa e formar 20 rulos. Colocar unha améndoa na punta de cada un presionando lixeiramente para recrear a forma dunha unlla. Logo pintar coa xema de ovo sobrante lixeiramente e facer cortes horizontais á altura dos nudillos para simular as falanxes do dedo.
  5. Meter no forno uns 15 minutos.
  6. Unha vez fríos, pódense decorar con marmelada de framboesa ou con colorante vermello en xel.
  • Eu usei colorante vermello en xel sen diluir da marca Wilton.
  • Os rulos deben ser máis ben finos porque no forno tende a anchear un pouco.
  • Podese facer a forma do dedo, presionando o lateral de cada rulo para facer a forma dun dedo índice.
Receita orixinal: Velocidad Cuchara.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*