Ensalada de trebo vermello

Ensalda

Ás veces a xente pregúntame se non me aburro vivindo nun pobo tan pequeno. Fálnme de se non me sinto soa, se non sería mellor unha cidade, etc. E a miña resposta é sempre a mesa: nunca tanta cousa tiven que facer e tantos amigos tiven como vivindo nun pobo pequeno.

E todo isto ben ao conto porque unha das marabillosas cousas que ten vivir nun pobo é que podes improvisar unha cea fantástica con amigas unha tarde de xoves ao saír de pilates. Así directamente. Recolles unhas flores polo campo xuntas a man experta da miña amiga Marisa e axitas todo iso nun dos mellores hoteis de toda a comarca do Ortegal e tes como resultado unha sana e entretida cea con charleta ata as 12 da noite. Non é fantástico?????

Así que, a receita que vos comparto hoxe é a ensalada para compartir que tomei este xoves :). Rica, sana e cun compoñente diferente: o trebo vermello.

As flores do trebo vermello son ricas en isoflavonas, entre outras moitas propiedades, así que unha das utilidades desta flor é o seu uso para os sofocos da menopausia e síndorme premenstrual. Tamén contribúe a reducir o colesterol e mellora a circulación sanguínea. Unha marabilla, non si?

Para axudarvos a localizar esta pranta tan abundante nos nosos camiños, praias e montes, deixovos a ligazón á wikipedia da entrada trebo vermello onde poderedes atopar máis información e algunhas fotos.

Ingredientes

  • 2 aguacates maduros
  • 4 trebos vermellos
  • 1 mestura de leitugas: canónigos, rúcula, leituga, etc.
  • 50 gr de nata
  • 1 chorro de zume de limón
  • 1 chorriño de salsa de soia
  • 1 chorriño de vinagre de viño branco
  • Sal e pementa ao gusto

Elaboración

  1. Limpar as follas de leituga e colocalas no fondo dun prato.
  2. Pelar os aguacates e laminalos. Colocalos sobre a leituga.
  3. Nun bol mesturar a nata co limón, a salsa de soia e o vinagre. Salpimentar ao gusto e rociar o protao da leituga con esta salsa.
  4. Decorar coas flores de trebo vermello.
  • O rabo do trebo vermello é máis ben decorativo. Pódese comer pero non sabe moi ben.
  • A flor comese toda pero ten que estar aliñada para que resulte agradable ao padal.
  • A nata pódese reemplazar por nata vexetal de soia ou avea e así deixar este plato veganizado.
Receita orixinal: En femenino.

4 Comments

  1. Este fin de semana vou a botarlle á ensalada os trevos. ¡A ver como sabe iso!.

    • Xa me contarás qué tal. Neste caso os trebos non é que engadan moito sabor porque son unha planta máis ben sosa, pero aportan colorido que tamén é moi importante nunha ensalada para facela apetecible.

  2. O trevo riquísimo, ten un sabor suave. Tamen engadín a flor de cabaza.

    • Canto me alegro de que che gustase. A flor de cabaza está tamén boísima rebozada en ovo e pan relado e logo fritida. Todo o frito xa se sabe que ten bo sabor, jejeje.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*