Ensalada Slowly Veggie

ensalda de verano

Fai xa un tempo que merco regularmente a revista Slowly Veggie porque trae un montón de ideas vexetas e veganas que son moi inspiradoras. Normalmente non faigo cas ningunha porque moitas levan ingredientes un pouco difíciles de atopar nun pobo, pero encántame a súa estética e o coidado que poñen no estilismo de cada prato.

Pero hoxe localicei unha que era facible facer, así que con miña nai e mina tía na cociña lanzámonos a esta ensaladiña de verán.

Velaquí a receita.

Ingredientes

  • 500 gr de patacas
  • Sal grosa
  • 4 culleres sopeiras de zume de uva negra ou mosto
  • 3 culleres sopeiras de vinagre de viño tinto
  • 1 culler sopeira de sirope de ágave
  • 5 culleres sopeiras de aceite de oliva
  • 4 tomates deshidratados en aceite
  • 1 ramiña de perexil
  • 1 ramiña de menta
  • 1 cebola morada
  • Pementa negra, un chisco
  • 2 pementos vermellos
  • 4 culleres sopeiras de aceitunas
  • 3 culleres sopeiras de noces
  • Unhas follas de alfábega

Elaboración

  1. Ferver as patacas con pel uns 20 minutos e deixar arrefriar. Pasalas por auga fría, pelalas e cortalas en toros.
  2. Mesturar o zume, o vinagre, o sirope e o aceite de oliva para facer unha vinagreta.
  3. Picar ben finos os tomates deshidratados e a cebola en tiras; picar a menta e o perexil e engadir todo á vinagreta. Salpimentar.
  4. Cortar o pemento en toros finos.
  5. Lavar as aceitunas e picar as noces en anacos grandes.
  6. NUnha fonte, colocar as patacas e sobre delas poñer o pemento e as aceitunas. Regar coa vinagreta e espolvorexar cunhas folliñas de alfábega e coas noces.
  • Vai ben tanto con noces pecanas como con noces de california.
  • Queda mellor con aceitrunas negras que coas verdes.
  • O tomate, se está seco, hai que rehidratalo en auga quente durante unha media hora.
Receita orixinal: Slowly Veggie.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*