Galletas de avea australianas

Estas galletas son ideais para mandarlles de media mañá aos máis peques da casa e eviatr así os produtos con aceite de palma refinado que levan as galletas industriais.

Ingredientes

100 gr de copos de avea
100 gr de fariña de avea (avea moída)
4 culleres sopeiras de coco relado
4 culleres sopeiras de aceite de oliva
4 culleres sopeiras de sirope de ágave
1 culler sopeira de auga
1 culler de postre de bicarbonato sódico

Elaboración

1) Prequencer o forno a 190 graos.

2) Mesturar a avea, a fariña, o coco relado e o bicarbonato.

3) Engadirlle o aceite, o sirope de ágave e a auga. Mesturar ben.

4) Coller porcións da masa para formar galletas coa forma que queiramos e de 1 cm de grosor máis ou menos.

5) Meter no forno prequencido durante 12 minutos con aire e a 190º C, ata que queden douradas e cruxintes.

Notas

Queda mellor se non as aplastamos moito coa man. Para elo podemos usar un aro de emplatar.

Pódeselles engadir noces e avelás picadas.

Fonte 

Receita orixinal: Cocina de Nihacc

 

2 Comments

  1. Voume poñer a facer as galletiñas. Xa che contarei como saíron.

  2. Saíron espectaculares. Volvinas facer e dinlles un toque persoal: améndoas moi picadiñas.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*