Galletas de polpa de améndoa

Galletas de pulpa de améndoa

Non adoito mercar leite vexetal xa que o fago habitualmente na casa coa Thermomix. O mesmo procedemento que sigo cando fago o leite de avea, é o que fago co leite de améndoas. E claro, sempre me sobra a polpa da améndoa e como ese froito seco vai a prezo de ouro dabame moita pena tirar coa polpa que ao mellor eran uns 10 € jajaja. Así que púxenme a buscar receitas para reciclar a polpa do leite de améndoas e atopei esta receita que máis sinxela non pode ser.

Teño que probar a cambiarlle o azucre por un sirope de dátiles caseiro, pero aínda non tiven tempo.

A fariña de avea é simplemente avea grosa moída na Thermomix.

Quedan moi ricas e dentro do que cabe non son tan malas como as mercadas. Aguantanse ben conservadas nun tarro de cristal durante varios días.

Deixovos coa receita.

Ingredientes

  • 1 taza e media de polpa de améndoas
  • 1 taza e 1/3 de fariña de avea
  • 1/2 taza de azucre
  • 1/4 de culler de postre de bicarbonato
  • 1/4 de culler de postre de canela en pó
  • 4 culleres sopeiras de aceite de coco derretido

Elaboración

  1. Mesturar todos os ingredientes nun bol ata que teña consistencia de pasta e estea todo ben integrado.
  2. Prequencer o forno a 180 graos.
  3. Forrar con papel de forno unha bandexa e facer boliñas do tamaño dunha noz grande e aplastalas para que queden con forma de galleta.
  4. Espolvorexar con améndas moídas ao gusto.
  5. Meter no forno durante 20-30 minutos ou ata que estean ben douradas.
  6. Retirar e deixar repousar sobre unha rella e gardar nun bote de cristal ben pechado.
  • Na masa podense agregar pasas pequenas ou pebidas de chocolate.
  • Podense facer coa polpa de calquera outro leite vexetal.
  • As miñas fíxenas do tamaño dunha moeda de dous euros e saíron 30.
Receita orixinal: Transición vegana.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*