Hamburguesas de arroz integral

Hamburguesa de arroz

Chega o inverno e comeza a tempara de facer acopio de cousiñas fáciles das que tirar nesos momentos de apuro no curre, cando non da tempo a cociñar. E para min isto é sinónimo de hamburguesas. Son perfectas. Un día podes facer cincocentasmil e conxelalas e xa tes un recurso fácil e saubale sempre a man no conxelador para apañar un xantar ou incluso unha cea.

A min as da tenda non me saben mmoito; resúltanme moi artificiais e teñen case todas un sabor idéntico de fondo. Sen embargo as caseiras son outro mundo e nelas podo axustar as cantidades de sal ao meu gusto.

En serio animádevos a facer a vosa propia reserva de hambugurguesas caseiras. Levaravos como moito 1 hora preparar unha boa tanda e poderedes disfrutar dun produto caseiro de calidade durante moito tempo.

Asñi que, coma sempre, sen máis dilación… dentro receita.

Ingredientes

  • 100 gr de garabanzos secos
  • 150 gr de arroz integral
  • 325 gr de auga
  • 1/2 culler de postre de sal
  • 170 gr de champiñóns frescos
  • 1/2 culler de postre de allo en pó
  • 40 gr de améndoas tostadas
  • 20 gr de aceite de oliva
  • 1 ovo
  • 130 gr de pan relado

Elaboración

  1. Na Thermomix triturar durante 30 segundos a velocidade progresiva 5-10 os garabanzos ata convertilos nunha fariña fina. Sacar e reservar para o rebozado.
  2. No mesmo vaso da Thermo (non fai falla lavalo), poñer o arroz, a auga, o sal e programar 35 minutos a 90 graos e velocidade cuchara. Cando remate o tempo, retirar do vaso e reservar nun bol grande.
  3. NUnha tixola saltear os champis e agregalos ao vaso da Thermomix, xunto co allo, as améndoas, a sal e o aceite e programar 1 minuto a 90 graos en velocidade 3,5.
  4. Verter o bol sobre o arroz, incorporar o ovo e o pan relado e mesturar.
  5. Formar hamburguesas dandolle forma coa man sen que sexan moi grosas.
  6. Rebozar as hamburguesas na fariña de garabanzo feita no paso 1 e fritir nunha tixola cun fondo de aceite de oliva.
  • A receita vai perfecta con arroz basmati, pero probeina tamén con arroz de grao redondo.
  • Pódense conxelar poñéndolles un papel de forno entre cada unha para que non se pequen no conxelador.
  • Os champis poden ser de bote tamén. Nese caso non fai falla pasalos pola tixola.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*