Leite de avea

Leite de avea

O prezo medio dun litro de leite de avea en tendas vai dende 1,80 ata 2 euros con 20 céntimos das ecolóxicas.

500 gramos de copos de avea ecolóxicos costan de media 1 euro con 90 céntimos. Así que o cálculo é ben sinxelo:

1 litro de leite de avea na tenda sae sobre 2 €
1 litro de leite de avea feito na casa sae sobre 15 céntimos

Lichedes ben: 15 céntimos por litro de leite de avea totalmente persoalizada.

Así que penso que ben merece a pena incorporar o hábito de facer este leite vexetal na casa en troques de mercalo na tenda. Todo son vantaxes: escoller se botarlle sal ou non, decidir qué endulzante usar, seleccionar o tipo de avea… E aínda por riba beneficio para o medio ambiente porque aforramos en envases de plástico.

Eu téñoo clarísimo: non volvo mercar nin un cartón de leite vexetal.

Aquí vos comparto a miña forma de facela.

Ingredientes

  • 1 litro de auga
  • 1 dátil grande
  • 40 gr de avea fina ou gorda
  • 1/2 culler de postre de vainilla en pó ou líquida (opcional)

Elaboración

  1. Nunha taza poñer a remollar os 40 gramos de avea cubertos de auga. O mínimo é 30 minutos e no meu caso deixoo a remollar pola noite para usalo pola mañá.
  2. Na Thermomix, agregar o dátil sen pebida e 100 gr de auga e triturar velocidade progresiva 5-10 durante 1 minuto. Este paso é moi importante para que o dátil quede compretamente feito unha papa e así endulce ben o leite.
  3. Escoar a avea e pasala por auga para lavala ben. Logo incorporala ao vaso da Thermomix e agregarlle a vainilla e o resto da auga ata o litro.
  4. Triturar todo en velocidade 10 durante 2 minutos.
  5. Deixar repousar 30 minutos e logo escoar cunha tela para filtrar o leite.
  6. Embotellar e reservar na neveira.
  • A variedade de dátil que eu emprego é a Medjoul. Ás veces pídoos por internet e outras mercoos nunha froitería que hai en Coruña.
  • Na receita orixinal usan 6 dátiles para este leite pero a min faiseme excesivamente doce.
  • Tamñén probei a non colar o leite e deixarlle a avea. Tamén queda ben, consérvase o mesmo tempo e queda moi rico ara facer unhas papas de almorzo.
  • Se se cola, a avea resultante pode empregarse para facer batidos ou para agregar nunha mase de galletas.
  • Tamén probei a facer o dobre de cantidade na Thermomix (2 l), pero para triturar ben é mellor facelo de 1 litro en 1 litro.

Dátiles medjoul

Receita orixinal: Danza de Fogones.

2 Comments

  1. Boas,
    Para a xente que non teña Thermomix e queira facer bebidas vexetáis pode serlle útil este aparello, o Chufamix (http://chufamix.es/ ).
    Graciñas Noa polas túar receitas.
    Un saúdo.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*