Magdalenas “Morning Glory” de Martha Stewart

Magdalenas morning Glory

A Martha Stewart coñecina a través da miña amiga Marta que era moi fan dela. Facía moito tempo que non visitaba a súa web porque, xa sabes, todo era moi cool, moi decorado, todo moi perfecto e a min esas cousas tan colocadiñas non me saen e frústrome. Así que prefiro ir xa directamente a obxectivos máis asumibles por min.

Pero non me digades como fun dar cunha receita de magdalenas feitas por ela. Parecéronme sinxelas e resultonas así que me decidín a probalas. Máis abaixo deixovos a receita que eu fixen, xa que lle cambie algunhas cousiñas (usei só un ovo en troques de dous e panela en troques de azucre moreno). As pasas tampouco son as mesmas, pero saiu ben igualmente.

A coña foi que cando fun mirar á wikipedia para poñervos unha breve reseña de quen é Martha Stewart vexo que a tipa xa pasou polo cárcere e todo. Xesús, xesús, non me espera eu isto dunha señora tan “fisna”. Do glamour do “american lifestyle” á rodearse de delicuentes nas cárceres yankis… menudo cambio. O caso é que, bendita sexa América, que aínda tendo pasado polo cárcere, a señora remontou todo o seu imperio e ahí a tedes, facendo estas magdaleniñas.

Tiña que compartilo porque a verdade é que flipei, pero dito esto, xa só me queda dicir o de: dentro receita!

Ingredientes

Para a masa

  • 2 tazas de avea grosa
  • 2 e 1/2 taza de fariña de todo uso
  • 1 taza de panela ou azucre moreno
  • 1 culler de postre de bicarbonato sódico
  • 1 culler de postre de Royal
  • 1 culler de postre de noz moscada relada
  • 1 e 1/2 culleres de postre de sal
  • 1 taza de pasas
  • 6 culleres sopeiras de aceite de oliva
  • 1 ovo
  • 2/3 de taza de leite desnatado
  • 3 tazas de cenorias reladas
  • 2 plátanos machacados

Elaboración

  1. Prequencer os forno a 200 graos.
  2. Nun bol mesturar a fariña, o azucre, o bicarbontao, o Royal, a noz moscada e o sal ata que non queden grumos.
  3. Agregar 1 taza e 3/4 de copos de avea e as pasas.
  4. Engadir o aceite, os ovos, o leite, as cenorias e o plátano. Mesturar todo ben.
  5. Encher ata o borde as cápsulas de magdalena e botarlle por riba copos de avea. Meter no forno durante 20-25 minutos.
  • Non suben moito así que se pode encher bastante a cápusla sen medo.
  • Para pasar a masa ás cápsulas, eu uso o típico utensilio que se usa para facer as bolas do xeado.
  • Saiume masa para 16 magdalenas medianas.
  • Na receita orixinal, tede sun vídeo de Martha facendo estas magdalenas paso a paso.
Receita orixinal: Marta Stewart.

Un comentario

  1. Haber que probalas

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*