Merenda de boniato e coco



Esta receita vai especialmente dedicada para todos os runners de Ortigueira que logo dicides que só falo de postres engordantes cando vou correndo.

A receita que probei hoxe é ideal para deportistas porque a pesar de ser un hidrato de carbono ten un índice glucémico moi moi baixo, contén moitos antioxidantes e ten propiedades antiinflamatorias.  Ten moita máis fibra, máis calcio, máis potasio e máis vitamina C que a pataca común.

Así que xa sabedes porque esta é unha merenda ideal para tomar unha tarde antes de vir aos runners.

Dentro receita.

Ingredientes

  • 1 e 1/2 taza de boniato ou cenorias (250 gr aprox)
  • 1 taza de coco relado
  • 1-2 culleres sopeiras de mel ou sirope de ágave
  • 1 culler sopeira de reladura de limón
  • 1/4 de vaina de vainilla
  • un chisco de sal
  • 2 culleres sopeiras de pasas ou pebidas de chocolate.

Elaboración

  1. Triturar ben o coco na Thermomix.
  2. Engadir o resto de ingredientes e triturar ata formar unha masa que quede pegañenta e moi triturada.
  3. Formar boliñas como se fose un xeado e deixar repousar no frigorífico.
  • Pódese comer sen meter na neveira, pero a verdade é que gaña bastante ao metelo na neveira.
  • Pódese facer sen a Thermomix pero ten que ser cun robot ou picadora que triture moi ben. Coa batidora non creo que quede triturado.
  • Para esta receita eu usei boniato, mel e pasas. 
Receita orixinal:  Curso Comer más sano

4 Comments

  1. Moi apetitoso!

  2. Hoxe toca probalo. Voume poñer mans á obra 😊

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*