Na oficina

Neste espazo poderedes atopar todo o relacionado coa sesión.

Nuggets de coliflor

Para uns 15 nuggets

– 1 + 1/2 taza de coliflor picada
– 1/2 taza pan relado
. 1/2 taza de queixo relado (san simón afumado)
– 2 ovos + 1 clara
– 1 culler de postre de sal
– 1 culler de postre de especias (pementa, tomates secos, etc)

Mesturar todo e deixar no frigorífico media hora. Facer a forma de nugget e colocalos nunha bandexa de forno forrada con papel de forno. Prequencer o forno a 175 graos e deixar uns 20 minutos dando un toque de grill nos últimos minutos.