Orellas de entroido

Thermomix

Ingredientes

  • 100 gr de leite enteira
  • 2 ovos
  • 30 gr de manteiga a temperatura ambiente
  • 1 culler de postre de levadura Royal
  • Reladura dun limón
  • 100 gr de anís
  • 400 gr de fariña de forza
  • Azucre glas ou normal
  • Aceite de xirasol para freír

Elaboración

  1. Cortar a pel do limón sen parte branca e triturar durante 30 segundos en velocidade progresiva.
  2. Agregar o leite, os ovos, a manteiga e a levadura e programar 1 minuto en velocidade 2.
  3. Engadir o resto de ingredientes e amasar durante 1 minuto en velocidade espiga. Retirar e cubrir a masa para deixala repousar durante 1 hora.
  4. Pasado o tempo de levado, estirar a masa sobre unha superficie enfariñada e facela o máis fina posible. Cortala en forma de rombo para darlle forma de orella.
  5. Preparar unha tixola con abundante axeite de xirasol e freir as orellas. Retiralas e escoalas sobre papel absorbente e espolvorexar con azucre mesturado con canela.
  • A miña presentadora de Thermomix ten outra receita pero esa aínda non a probei: orellas de Luisa
  • Pódense facer máis grosas que tamén quedan ben.
  • Resisten moi ben dun día para outro. Quedan igualmente cruxintes.
  • Para facer dobre cantidade simplemente dobrar ingredientes e saen perfectas igualmente..
Receita orixinal:  Velocidad Cuchara

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*