Pastel de algarroba

Ingredientes

2 vasos de leite de soia
2 vasos de fariña de trigo
1 vaso de azucre moreno
1 vaso de aceite de oliva suave
1 cullerada sopeira de levadura en pó (Royal)
1 vaso de fariña de algarroba

Elaboración

1) Incorporar todos os ingredientes nun bol e bater ata que non queden grumos.

2) Verter a mestura nun molde de forno e cocelo no forno prequencido a 150 graos durante uns 45-50 minutos.

Notas

Pódenselle engadir avelás tostadas á masa. Tamén se pode partir pola metade e encher con marmelada. 

A fariña de algarroba pódese mercar en herbolarios ou tendas ecolóxicas. Online pódese atopar aquí.

Fonte

Receita orixnal: sabiduría popular 😉

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*