Pastel de chocolate e café vegano

Pastel de choco e café

O día 6 de outubro imos colaborar con Ortigueira entre fogóns para un obradoiro de cociña. A min tócame facer a parte doce e coido que este pastel de chocolate e café vegano é a larpeirada que vou escoller.

Fíxeno xa en varias ocasións e sempre queda ben. Testeino con todo tipo de padais e todo o mundo quedou encantado. Así que se queres unha receita vegana para quedar ben, este é o teu pastel.

Dentro receita de pastel vegano de chocolate e café!

Ingredientes

  • 300 gr de fariña de repostería
  • 260 gr de azucre moreno
  • 1 culler de postre de sal
  • 2 culleres de postre bicarbonato
  • 2 culleres de postre de levadura Royal
  • 80 gr de cacao puro en pó
  • 30 gr de café soluble
  • 240 gr de aceite de xirasol
  • 260 gr de leite de soia
  • 2 culleres de postre de vainilla líquida
  • Para a cobertura

  • 100 gr de chocolate Nestlé para postres
  • 200 gr de margarina en anacos
  • 20 gr de aceite de xirasol
  • 80 gr de azucre glas
  • 1 culler de postre de café soluble
  • 40 gr de leite de soia

Elaboración

  1. Prequencer o forno a 180º e preparar un molde de 20 cm (con aceite, fariña ou spray desmoldante). O molde debe ser alto porque sube bastante.
  2. Introducir no vaso da Thermomix a fariña, o azucre, o sal, o bicarbonato, a levadura, o cacao e o café en pó. Mesturar 10 segundo en velocidade 5.
  3. Engadir o aceite, a bebida de soia e a vainilla e mesturar 45 segundos en velocidade 4.
  4. Volcar a mestura no molde e meter no forno durante 50 minutos.
  5. Sacala do forno e deixala arrefriar na neveira durante un mínimo de 4 horas.
  6. Mentres, para preparar a cobertura, colocar no vaso o chocolate (relalo con 2 golpes de turbo). Colocar a mariposa.
  7. Engadir o aceite, a margarina, o azucre glas, o café soluble e a bebida de soia. Bater todo 30 segundos en velocidade 3. Verter por riba do pastel e meter de novo a refrixerar antes de servir.
  • É mellor forrar o fondo do molde cun pouco de papel de forno.
  • Na cobertura podese omitir o café e queda igualmente ben.
  • O café que eu usei é descafeinado e o pastel non colle un sabor moi acentuado a café.
Receita orixinal: Thermomix Valencia.

2 Comments

  1. M. Luisa V.

    Tengo que hacerlo… pintaza que tiene
    Se come con los ojos.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*