Pizza con base de coliflor

Pizza de coliflor

Ás veces non sabemos cómo cociñar a coliflor, sobre todo se hai peques na casa. Pero con esta pizza con base de coliflor todo o mundo se vai voltar un “coliflor lover”. Seguro. Está boísima e é un xeito orixinal e diferente de consumir a coliflor enmascarando un pouco o seu sabor.

Faise nun santiamén e pódese facer en mini porcións individuais en troques de facer unha pizza xigante como a da foto desta entrada. Unha compañeira que leva talleres de ocio e tempo libre con nenos pequenos fíxoa unha tarde no taller de cociña que teñen cos pequerrechos e díxome que quedaran encantados. Así que se pasa esa proba de lume, ben merece que lle deas unha oportunidade a esta receitiña.

Imos aló.

Ingredientes

  • 160 gr de colifor crúa
  • 50 gr de queixo relado (ovella, mozzarella, etc.)
  • 1 ovo
  • 1 dente de allo
  • un chisco de sal
  • Pementa
  • Curry
  • Alfábega (albahaca)
  • Ourego
  • 1 culler sopeira de aceite de oliva

Elaboración

  1. Preparar o forno e prequencelo a 180 graos.
  2. Poñer a coliflor xunto co queixo relado e o allo no vaso da Thermomix. Picar 10 segundos, velocidade 5.
  3. Incorporar o aceite, as especias, o ovo, o sal e a pementa e mesturar 30 segundos en velocidade 4.
  4. Verter a mestura sobre papel de forno e darle forma de base de pizza.
  5. Meter no forno durante 30 minutos na badexa máis baixa. Cando queden 10 minutos, subila para que toste un pouco máis.
  6. Decorar por riba como se fose unha pizza normal: toros de tomate, espinacas, queixo, aceitunas, etc..
  • Tamén se pode facer coa coliflor xa codida pero queda menos crocante.
  • Prestar atención a non facela moi fina polos bordes para que non se queime.
  • O ovo pode omitirse e queda tamén ben.
Receita orixinal: Blog dieta con Thermomix.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*