Pizza de coliflor vegana con pesto de kale

Pizza de coliflor

Canto dan de si os domingos cando unha pode experimentar na cociña sen presas. Hoxe fixemos unhas pizzas veganas que nos deixaron moi sorprendidos. Os que me coñecedes xa sabedes que son moi fan das pizzas finas de base cruxinte. Pois estas pizzas son o non vai máis: están súper-hiper-mega cruxintes.

A base é dos sempre fantásticos Edurne e Alberto de Danza de Fogones (blog que adoro e que recomendo 100% pola sinxeleza das súas receitas).

Ten moi bo sabor, non se aprecia apenas o gusto da coliflor, ten moi poucas calorías e é unha alternativa moi saudable á clásica pizza que todos nos zampamos máis veces das que deberiamos.

E o mellor de todo é que esta receita está libre de lácteos, libre de glute e sobre todo libre de crueldade animal.

Dádelle unha oportunidade e xa me contaredes cal é o voso veredicto.

Dentro receita.

Ingredientes

    Base da pizza

  • 500 gr de coliflor
  • 3 culleres sopeiras de liño + 9 culleres sopeiras de auga
  • 150 gr de fariña de arroz
  • 100-200 gr de fariña de garabanzos
  • Pesto de col rizada ou kale

  • 1 taza de anacardos remollados durante 24 horas
  • 2 tazas de col/kale picada
  • 1/5 de taza de levadura de cervexa
  • 4-6 dentes de allo asados (ou frescos)
  • 3 culleres sopeiras de zume de lima
  • 1/2 culler de postre de sal
  • 1/2 taza de auga
  • Cobertura da pizza

  • Champiñóns frescos
  • Tomates cherry
  • Aguacate
  • Aceitunas negras
  • Aceite de oliva e ourego

Elaboración

  1. Prequencer o forno a 200 graos.
  2. Picar a coliflor moi fina na Thermomix e logo saltear durante 5 minutos nunha tixola sen aceite removendo para que non se pegue ou queime.
  3. Pasar a coliflor por unha gasa ou malla de filtrar leites vexetais e quitarlle a máxima auga posible.
  4. Mentres triturar as sementes de liño coa auga e deixar repousar durante 5 minutos.
  5. Nun bol mesturar a coliflor, as sementes de liño coa auga, a fariña de arroz e 100 gr da fariña de garabanzos ata lograr unha masa que non se pegue aos dedos. Se se pega, continuar engadindo máis fariña de garabanzo. Amasar ben.
  6. Dar forma de pizza á masa cun rodillo de amasar sobre unha superficie enfariñada e meter as bases de pizza no forno durante aproximadamente 20-25 minutos.
  7. Mentres elaborar o pesto de kale mesturando todos os ingredientes na Thermomix ata que queden como unha pasta. Se se necesita máis líquida, pódese engadir máis auga.
  8. Cando as bases de pizza xa estean douradas, retirar do forno e cubrir co pesto de col/kale, uns poucos champiñóns laminados, tomates cherry cortados, aceitunas negras e voltar a meter no forno durante outros 5 a 10 minutos.
  9. Retirar as pizzas do forno e agregar dadiños de aguacate, regar cun fío de aceite e espolvorexar con ourego.
  • A cobertura podese reemplazar por calquera outra cousa que nos guste poñer na pizza: piña, tomate, hummus, pementos, aceitunas verdes, etc.
  • A base queda moi cruxinte se se estira ben finiña. Eu ademáis uso unha pedra de forno para darlle o toque rústico.
  • Outra idea para a base de coliflor que aínda non probei sería: 2 tazas de coliflor, 4 culleres sopeiras de chía, 8 culleres sopeiras de auga, 1/2 taza de fariña de améndoas, 1/2 taza de fariña de avea, 2 culleres sopeiras de allo en pó, 1 culler de postre de sal, 1 culler de postre de pementa negra.
Receita orixinal: Danza de fogones e de @edgarraw (Instagram).

3 Comments

  1. Esta semana próboa seguro, tiña ya gañas da pizza con base de coliflor e agora xa non hai opción a escapar de probala.
    E tamén tocará o leite de avea.
    Moitas grazas por compartir, aquí unha fiel seguidora esperando polas túas receitas 😉

    • Seguro que vos vai gustar. Un apunte: cando estea no forno non lles deas a volta para tostar a masa, xa que se curvan e quedan tipo taco en lugar de planas como unha pizza.

  2. Tambien puedes probar con otra harina que tengas por casa, basta con que eches mas o menos cantidad, porque cada harina necesita una cantidad diferente de liquido, en este caso, las semillas de lino con agua y la coliflor, que aunque sea solida tiene un alto contenido en agua.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*