Pizza de sandía

Pizza de sandía

Parece que este verán está sendo ben caloroso, así que case non me apetece estar nos fogóns, polo que estiven a probar receitas hipersinxelas e fresquiñas para saír un chisco da rutina.

Levaba días vendo por internet imaxes de pizzas de sandía e non me puiden resistir a facer unha para o almorzo. A presentación queda moi atractiva, o sabor está ben e o tema de cortar a sandía en porcións facilita comer cada bocado, así que me parece unha receita perfecta para sorprender á parella nun almorzo ou para unha tarde de cumpreanos infantil.

Aquí vos deixo os ingredientes que empreguei eu.

Ingredientes

  • 1 toro de sandía
  • 1/ plátano
  • 1 kiwi
  • 2 fresas
  • varios arándanos
  • Coco relado

Elaboración

  1. Cortar un toro de sandía un pouco gordo e partilo en trozos triangulares.
  2. En cada triángulo colocar un toro de kiwi pelado, unha fresa loncheada e un toro de plátano. Colocar sobre cada plátano un arándano.
  3. Espolvorexar coco relado por riba.
  • Non cortar a sandía moi fina porque senón as porcións non se poden comer coa man.
  • Eu engádolle os arándanos conxeados para darlle un toque cruxinte.
  • Pódese usar calquera outra froita que estea de temporada.
Receita orixinal: vista en diferentes fotos de instagram.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*