Hummus

Hummus

Ao logo do tempo fun atopando trucos para ir mellorando esta receita de hummus e podo dicir que para min o top de esta elaboración é facéndoa con allo asado e cos garabanzos sen pel. Sei que da máis traballo, pero paga a pena.

É un recurso moi socorrido para ceas ou comidas con amigos xa que se pode preparar con antelación e ata o de agora non atopei a ninguén a quen non lle gustase. Ademáis, podense facer infinitas variacións. Por exemplo, agregando un anaco de remolacha cocida, temos hummus rosa; ou agregando pementos asados temos xa outro sabor para comer cunha boa rebanada de pan caseiro.

Probade e xa me contaredes se ten éxito a receita entre os vosos ou non ;).

Ingredientes

  • 2 dentes de allo
  • 400 gr de garabanzos cocidos (serven de bote)
  • 60 gr de auga
  • 30 gr de zume de limón
  • 40 gr de sésamo tostado ou de pasta de tahini
  • 1/2 culler de postre de sal
  • 70 gr de aceite de oliva
  • Pizca de comino
  • Pementón doce afumado

Elaboración

  1. Poñer no vaso da Thermomix todos os ingredientes (menos o pementón) e triturar a velocidade progresiva 5-10. Facelo ata conseguir unha pasta homoxénea.
  2. Pasala a un bol e espolvorexar con pementón e poñerlle un chorro de aceite.
Recomendacións
  • Un truco para que non produzan gases e quede o hummus moito máis cremoso e pasar os garabanzos xa cocidos por unha tixola con 1 culler sopeira de bicarbonato. Quencer e remover 3 minutos e logo volcar todo nun bol cheo de auga moi fría. As pelas soltaranse e quedaran uns garabanzos tenros coma a manteiga. Se fas esto lembra calcular ben o peso porque ao perder a pel van pesar menos e necesitas 400 gr para que a pasta quede ben, senón quedará líquida.
  • Queda moi ben decorado cunhas granadas ou con folliñas de perixel.
  • Para acompañar podes usar regañás ou verduras cortadas en bastóns. Eu uso moito as cenorias e para que se conserven cruxintes e estean sempre preparadas, metoas nunh tarro con auga e un chisco de sal.
  • Outro truco para darlle máis sabor é usar allos asados en lugar de frescos.
Receita orixinal: Thermomix.
Hummus cremoso
Así de cremoso queda este hummus :).

Un comentario

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*