Reto Con Voz de Domingo

Fotos cesta de Bico de Grao
Cesta para o sorteo cedida por Bico de Grao

Alégrome de que esteades vendo estas páxinas porque iso quere dicir que posiblemente chegáchedes a este blog para sumarvos ao reto do mes de marzo do programa de Eva Millán, Con voz de domingo.

Por se chegáchedes aquí por despiste cóntovos moi brevemente en que consiste este reto.

Durante todo o mes de marzo, cada domingo Eva e máis eu estarémosvos propoñendo unha receita saudable orientada aos máis pequenos da casa, que teredes que cociñar ao logo da semana. Isto non quere dicir que se non tes peques ou eres solteiro/a, divorciado/a, viúvo/a non podas participar tamén :). A idea é trocar hábitos pouco saudables por outros máis beneficiosos para o noso corpo, e aínda que escollemos as receitas para alagar os padais dos máis pequerrechos, non quita que as receitas tamén sexan excelentes para todos aqueles adultos que desexedes comezar a introducir hábitos saudables na vosa rutina semanal.

Para participar no reto, tédesvos que comprometer a cambiar algún almorzo/merenda menos saudable pola nosa proposta e facer algunha das seguintes cousas:

– enviar a foto da receita feita por vós co voso nome e apelido ao correo do programa convozdedomingo@gmail.com

– ou publicar unha foto co resultado en twitter co hashtag #retoconvozdedomingo e mencionándonos a @convozdom e @noaorizales

Estas son as receitas que integran o reto. Cada domingo iremos desvelando unha.

Listado de receitas do reto saudable de Con voz de domingo

Galletas de avea


6/03/2016

Galletas de avea

Batido de arándanos


13/03/2016

20140804_104314

Gachas de avea


20/03/2016

20150304_084210

Crema de cacao


27/03/2016

rawcilla-1

Que pretendemos con este reto?

O obxectivo deste reto é aportar un moi pequeniño grao de area á loita contra unha das lacras da nosa sociedade actual: a obesidade, e máis concretamente o exceso de peso na infancia.

A quen vai dirixido?

A todos os pais e nais interesados en introducir elaboracións máis saudables na dieta dos seus fillos e fillas e a todos aqueles que queiran comezar a comer máis saudable.

IMPORTANTE: a este reto tamén se están sumando escolas que creen que educar en hábitos alimenticios saudables aos pequenos é moi moi importante. Así que, si eres profe e queres sumarte coa túa aula, co teu ciclo ou co teu cole a este reto, contacta con nós no correo convozdedomingo@gmail.com e apoiarémoste para que consigades subirvos ao carro da boa vida :). .

Quen gañará o reto?

Gañar gañamos todos porque mellorando os hábitos alimenticios dos nosos peques contribuímos a crear un futuro mellor para toda a sociedade, pero vale…. tamén sortearemos entre todos os que participedes unha cesta de produtos eco-saudables da eco tenda lucense Bico de Grao.

Cesta para o gañador/a
Cesta para o gañador/a

A cesta contén: cous cous integral, mijo, quinoa, amaranto, trigo sarraceno, pasta de centeo, pasta de trigo integral, chía, liño dourado, cúrcuma, xenxibre, canela, amorodo deshidratado, kiwi deshidratado, piña deshidratada, garavanzos, fabas azukis, arroz vermello, arroz negro e arroz semi integral, tomate deshidratado, muesli, noces, pistachos, anacardos e abelás.

Fotos das receitas preparadas polos participantes no reto

Subscríbete xa
Apúntate para recibir no teu correo todas as receitas que publique totalmente gratis.
Nada de spam. Só as miñas receitas.