Scones de arandos e panela


Ingredientes

3 tazas de fariña normal ou integral
2 e 1/2 culleres de postre de levadura en pó
1/2 culler de postre de bicarbonato de sodio
1/2 culler de postre de sal fina
1/4 culler de postre de nuez moscada en pó
3/4 taza de margarina ben dura ou aceite conxelado
3/4 taza de leite vexetal (soia, avea, etc.)
1 culler de postre de sustituto de ovo (pode ser no egg). Se non, tamén se pode reemplazar por unha culler sopeira de maicena.
3 culleres sopeiras de panela (ou azucre integral)
1 taza de arandos frescos ou conxelados
1/4 taza de leite vexetal para pintar os scones antes de metelos no forno
azucar glas para espolvorexar

Elaboración

1) Nun bol mesturar a fariña coa levadura en pó, o bicarbonato, o sal e a noz moscada.

2) Noutro bol, mesturar o leite vexetal, co sustituto do ovo no-egg e as tres culleres sopeiras de panela. Mesturar todo ben ata que faga un pouco de espuma.

3) Incorporar os ingredientes líquidos sobre os sólidos e agregarlle os arandos.

4) Mesturar con coidado ata formar una masa.

5) Volcar a masa sobre a superficie de traballo e amasar outro pouco.

6) Estirar a masa ata que quede cun grosor de 2 cm.

7) Cun cortapastas en forma de círculo, cortar a masa e colocar os scones sobre papel de forno nunha bandexa. Pintalos por riba con leite vexetal.

8) Meter ao forno prequencido a 200º durante 15 – 18 minutos, ata que a superficie estea dourada.

Notas

Pódense rechear con nata de soia ou de coco, un pouco de queixo fresco, ou comelos a pelo cun té ou algo para mollar.

Fonte

Receita orixinal: La dimensión vegana

2 Comments

  1. Pódese empregar leite de vaca ?

  2. Pois seguramente que si, pero con leite de vaca xa hai cenmil receitas. O caso aqui é tratar de que use o menor número de produtos animais posible por eles e tamén por saúde para que leve menos colesterol, por exemplo.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*