Sopa fría de cogombro

20160115_151145

 

Este mes andamos todos ao mesmo: a eliminar os excesos do Nadal. Así que tratarei de ir publicando as receitas máis lixeiras que teño no meu recetario para ver se entre todos nos poñemos a raia e nos preparamos para o Entroido que xa está á volta da esquina.

Recordade que non hai dieta que valga senón que é preciso levar un estilo de vida saudable. Así que se, queredes axudarlle ao voso corpo a perder algún kilo e a que se poña forte, comede ben e apuntádevos a saír os mércores cos Ortigueira runners ;).

E sen máis aquí vos deixo cunha das receitas que fago ás veces para cear. Pódese tomar como prato principal ou como primeiro prato seguido dun revolto de algas, por exemplo.

 

Ingredientes

 

  • 2 iogures naturais sen azucarar.
  • 2 cogombros medianos.(“pepinos”)
  • 1 limón.
  • 1 culler sopeira de aceite de oliva.
  • 1/2 culler de postre de sal.
  • 1/4 de culler de postre de pementa branca.
  • 1/2 culler de postre de menta.

Elaboración

  1. Poñer todos os ingredientes na Thermomix e  triturar 1 minuto, velocidade progresiva 5 a 10.
  2. Deixar na neveira e servir fría cun chisco de sésamo tostado por riba.
  • O truco está en que estea ben fría que é como mellor sabe.
  • Eu probei a facela tanto con iogur de vaca como con iogur de soia e queda ben dos dous xeitos.
Receita orixinal:  Canal Dakidissa

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*