Trigo bulgur con mazá e curry


Hoxe rescato un clásico da miña casa: o trigo bulgur. Faise nun momentiño e queda ben con centos de cousas: como recheo, como acompañamento, con queixo…

O trigo bulgur ou partido é un cereal moi interesante porque é moi baixo en graxas, moito máis dixerible que o trigo normal e posúe uns hidratos de carbono de alto valor biolóxico.

Ademáis, agora que temos mazás da zona do Ortegal en toda as súas variedades, é o momento de lanzarnos a receitas con este ingrediente.

Ingredientes

  • 1 taza de trigo bulgur
  • 2 tazas de auga
  • 2 mazás medianas tipo Granny Smith
  • un porro
  • 1 culler sopeira de curry
  • 2 culleres sopeiras de aceite de oliva
  • sal ao gusto
  • reladura de medio limón
  • perexil picado

Elaboración

  1. Poñer a auga ao lume e cando rompa a ferver engadir o bulgur. Deixar que se cociñe durante 5 minutos. Pasado este tempo, retirar o bulgur do lume e deixalo repousar tapado durante 10 ou 15 minutos.
  2. Nunha tixola poñer o porro coas culleradas de aceite e engadir as mazás peladas e cortadas en anacos pequenos. Remover 1 minuto.
  3. Engadir a reladura de medio limón e a culler sopeira de curry e mesturar ben todo.
  4. Agregar o trigo bulgur escoado e deixar que se cociñe todo xunto uns 2 ou tres minutos máis. Esparexer con perexil picado antes de servir.
  • O trigo bulgur pódese conseguir na Ecotenda 78 de Ferrol (zona Ultramar).
Receita orixinal: dalgunha revista antiga que non recordo.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*