Galletas florentinas

Ingredientes

75 g de manteiga
75 g de azucre branco
25 g de pasas
25 g de cereixas confitadas a trociños
25 g de xenxibre escarchado picado fino
25 g de pipas de xirasol
100 g de améndoas fileteadas
2 culleradas sopeiras de nata (espesa)
175 g de chocolate negro

Elaboración

1) Prequencer o forno a 180 graos e forrar dúas bandexas de forno con papel de forno.

2) Derreter a manteiga nun cazo e engadirlle o azucre. Remover ata que todo estea fusionado e ferver.

3) Retirar do lume a mestura e engadir as pasas, as cereixas, o xenxibre, as pipas e as améndoas. Remover despois de engadir cada ingrediente. Mesturar todo ben e agregar a nata. Bater todo xunto.

4) Colocar sobre as bandexas montonciños de masa ben separados entre si. Meter no forno durnate 10-12 minutos.

5) Sacar as fontes do forno cando empece a dorarse a masa. Estando todavía quente a masa, marcar cun cortapastar circular a forma sobre cada masa. Non retirar da bandexa ata que cada círculo estea completamente frío.

6) Fundir o chocolate e poñelo sobre papel parafinado.

7) Cando o chocolate estea a piques de se solidificar, colocar enriba os círculos de galleta pola parte plana e deixar que solidifique por completo.

8) Recrtar as florentinas e retiralas do papel. Untar o lado polo que teñen chocolate con máis chocolate formando ondas cun tenedor e deixar que solififique.

Notas

Están moi boas pero son unha bomba calórica. Só para ocasións moi especiais.

Fonte

Receita orixinal: Libro Paso a paso, repostería y panadería.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*