Onde comer?

Nesta páxina comparto aqueles restaurantes polos que imos pasando, especialmente en Galicia, e nos que atopamos unha solución para comer vexetariano ou incluso vegano.

A Coruña “city”

  • A Factoría verde: espazo de comida vegana. Tamén ten tenda con unha gran variedade de produtos vegan. Especial mención a cantidade de produtos procesados que teñén á venda imitación de queixo, carne vexetal, etc.
  • Taj Majal: Trátase dun hindú no que hai centos de opcións vexetarianas. O local parece sacado dunha peli desas do ano da pera pero o trato é moi bo e o pan naan está exquisito.
  • Mamá Chicó: non é un vexetariano pero as veces que fumos sempre tiñan opcións como patés vexetais con pan (hummus, remolacha, etc), pizzas e pastas.
  • La cuchara veggie: non teñen local pero podense pedir hambuguesas veganas para comer pola rúa ou no onde esteas se te aloxas nun hotel ou apartamento. Se tedes oportunidade de pedir para casa (xa que se pode pedir para toda España), non vos perdades as súper croquetas veganas de grelos que elabora con esmero María José… o mellor que teño probado na miña vida.

OLLO: un clásico de Coruña era o restaurante Bio Bania, pero pechou en agosto de 2017.

Ferrol

  • Restaurante Terramar: serve para ir con carnívoros xa que é un restauranet no que cociñas o típico razo, gambas, calamares, etc. O bo é que Marina, a súa propietaria é armenia e se a avisas con algo de tempo elabora pratos da cociña armenia que están deliciosos. Os pementos rechesos, os arroces, os entrantes de berenxena macerada con froitos secos e granadas son para chupar os dedos.
  • Restaurante Casa Lexo: é un restaurante non vexetariano pero que na carta, sen ter que adaptar nada ou facer peticións especiais, xa teñen moitas opcións vexetarianas como parriladas de verduras, croquetas con noces e marmelo, ruliños de verduras, camembert ao forno, etc. Para opcións veganas ten só as parrilladas de verduras. Hai que reservar con antelación porque está sempre a tope.
  • Blabla café: é unha cafetería modernilla na rúa Real na que sirven moitas cousas para picoteo como verduras e setas á prancha, lasaña vexetal, patacas bravas ou en tres salsas, piadinas vexetais, tortilla, etc.

Ortigueira

  • Pizzería do Baleo: hai pizza vexetal na carta e se llo piden fanche a pizza sen queixo e como a masa está moi boa queda unha pizza moi decente.

Vigo

  • Restaurante Cúrcuma: é o meu vexetariano favorito. Todo está bo neste sitio. Non deixedes de pedir o pionono de entrante e a tarta de plátano de postre, simplemente deliciosa. O ambiente é moi bo e o local é moi actual, está moi limpo e ten todo tipo de xente a comer (moitas familias). Está moi céntrico (na rúa Brasil).
  • Gálgala: creo que foi un dos primeiros vexetas que abriu en Vigo. O local é pequeno e todo de pedra. A comida moi boa e recomendo especialmente as albóndigas de avea.
  • Pizzería La Italiana: é a pizzería coas pizzas máis ricas que probei na miña vida. Especial mención merece o postre que é pizza calzone con nutella. Simplemente espectacular. Hai que chamar sempre antes porque soe estar ata os topes as fins de semana.
  • Hugo´s burguer: nesta hamburguesería teñen unha opción de hamburguesa vexetal (vegana) con espinacas, setas e berenxena, acompañada de patacas medio cocidas medio fritidas. Boísima.