Onde comer?

Nesta páxina comparto aqueles restaurantes polos que imos pasando, especialmente en Galicia, e nos que atopamos unha solución para comer vexetariano ou incluso vegano.

A Coruña “city”

  • A Factoría verde: espazo de comida vegana. Tamén ten tenda con unha gran variedade de produtos vegan. Especial mención a cantidade de produtos procesados que teñén á venda imitación de queixo, carne vexetal, etc.
  • Taj Majal: Trátase dun hindú no que hai centos de opcións vexetarianas. O local parece sacado dunha peli desas do ano da pera pero o trato é moi bo e o pan naan está exquisito.
  • Mamá Chicó: non é un vexetariano pero as veces que fumos sempre tiñan opcións como patés vexetais con pan (hummus, remolacha, etc), pizzas e pastas.
  • La cuchara veggie: non teñen local pero podense pedir hambuguesas veganas para comer pola rúa ou no onde esteas se te aloxas nun hotel ou apartamento. Se tedes oportunidade de pedir para casa (xa que se pode pedir para toda España), non vos perdades as súper croquetas veganas de grelos que elabora con esmero María José… o mellor que teño probado na miña vida.

OLLO: un clásico de Coruña era o restaurante Bio Bania, pero pechou en agosto de 2017.

Ferrol

  • Restaurante Casa Lexo: é un restaurante non vexetariano pero que na carta, sen ter que adaptar nada ou facer peticións especiais, xa teñen moitas opcións vexetarianas como parriladas de verduras, croquetas con noces e marmelo, ruliños de verduras, camembert ao forno, etc. Para opcións veganas ten só as parrilladas de verduras. Hai que reservar con antelación porque está sempre a tope.
  • Blabla café: é unha cafetería modernilla na rúa Real na que sirven moitas cousas para picoteo como verduras e setas á prancha, lasaña vexetal, patacas bravas ou en tres salsas, piadinas vexetais, tortilla, etc.

Lugo

  • Pizzería di Totó como ben di o nome é unha pizzería pero que estivo entre as preseleccionada como unha das mellores pizzerías de pizza napolitana de toda España. Súper ricas as pizzas, o tiramisú excelente e a pizza de Nutella igual. Moitas opción para vexetas, incluídas ensaladas con burrata.
  • Arrocería Os Cachivaches: un dos meus preferidos. Teñen centos de opcións vexetas na carta, dende croquetas de boletus, ata tempura de verduras, pasando por todo tipo de arroces. O meu preferido arroz con pesto e burrata. O servizo exceclente e o local moi agradable.

Ortigueira

  • Pizzería do Baleo: hai pizza vexetal na carta e se llo piden fanche a pizza sen queixo e como a masa está moi boa queda unha pizza moi decente.
  • Las Palomas: local pequen pero que ten moita oferta vexeta, dende provolone fritido, ata hamburguesa vexetariana, pasando por croquetas de setas, hummus, tostas de queixo de cabra e pizzas vexetais.

Vigo

  • Restaurante Cúrcuma: é o meu vexetariano favorito. Todo está bo neste sitio. Non deixedes de pedir o pionono de entrante e a tarta de plátano de postre, simplemente deliciosa. O ambiente é moi bo e o local é moi actual, está moi limpo e ten todo tipo de xente a comer (moitas familias). Está moi céntrico (na rúa Brasil).
  • Pizzería La Italiana: é a pizzería coas pizzas máis ricas que probei na miña vida. Especial mención merece o postre que é pizza calzone con nutella. Simplemente espectacular. Hai que chamar sempre antes porque soe estar ata os topes as fins de semana.
  • Hugo´s burguer: nesta hamburguesería teñen unha opción de hamburguesa vexetal (vegana) con espinacas, setas e berenxena, acompañada de patacas medio cocidas medio fritidas. Boísima.