Albóndigas de avea

Albóndigas

Se unha quere acertar sempre e preparar unha comida sabrosa, saudable e vegana, o combo que fai Iosune co seu Alberto é unha aposta segura. Levo seguindo a estos dous dende fai xa bastante tempo e podo dicir que non teñen no seu blog nin unha soa receita que me teña decepcionado. Todas saen á primeira, todas siguen a filosofía vegana e tratan de facer unha aposta por produtos pouco procesados e o máis naturais posible.

Non sei se teñen avoa ou non, pero se non a teñen, dende logo aquí lles saiu unha fan para loubalos como se fosen os meus netos 😉

Este prato fíxeno coa mesma combinació que propoñían eles na súa bitácora (espas integrales e salsa de tomatiño caseira) e podo dicir que está de rechupete. Máis para un brunch ou un picnic é mellor acompañalas de unha ensalada ou mesmo de arroz.

Esta receita pasa dende hoxe a formar parte dos meus básicos culinarios, así que aquí a deixo para a posteridade.

Ingredientes

  • 60 gr de guisantes xa cocidos
  • 80 gr de maíz doce cocido
  • 2 culleres sopeiras de aceite de oliva
  • 1/ cebola picada
  • 1 cenoria troceada
  • 1/2 pemento vermello picado
  • 40 gr de col rizada (berza rizada ou kale)
  • 400 gr de garabanzos cocidos
  • 1 culler de postre de azucre integral
  • 1 culler sopeira de ourego
  • 1 culler de postre de allo en pó
  • 1/2 culler de postre de pementón doce
  • 1 culler de postre de sal
  • Pementa negra ao gusto
  • 2 culleres sopeiras de levadura de cervexa
  • 180 gr de fariña de avea

Elaboración

  1. Prequencer o forno a 200 graos.
  2. Nunha tixola poñer o aceite e salteamos a lume alto a cebola, a cenoria, o pemento vermello e a col durante uns 10 minutos.
  3. Na Thermomix botar os garabanzos, os guisantes, o maíz, as verduras salteadas e o resto de ingredientes agás a fariña de avea e mesturamos durante 5 ou 10 segundos.
  4. Agregar a fariña de avea e mesturar de novo ata que todos os ingredientes queden ben integrados.
  5. Formas boliñas coa masa. Se é preciso pódense humedecer as mans con auga
  6. Colocar papel de forno sobre unha bandexa e meter as boliñas durante 40 minutos.
[box type=”tick” icon=”none”]
  • Non é preciso botarlles aceite por riba ao metelas no forno.
  • A fariña de avea faise moendo copos de avea na Thermomix.
  • Saen sosbre unhas 30 albóndigas.
  • Pódense conxelar unha vez cociñadas e tamén están boas frías acompañadas dunha ensalada para un brunch ou picnic.
  • Un complemento ideal é a salsa de tomate caseira.
[/box] [box type=”info”]Receita orixinal: Danza de Fogones.[/box]

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*