Esta semana fixen un pouco de comida anticipada (meal prep ou batch cooking como lle chaman agora) e atopei esta idea da sempre xenial Sadia Badiel de Pick Up Limes.
É unha receita moi versatil porque admite variacións, preparase nun plis o día antes e da para varios almorzos. Así cando te ergues pola mañá tes un almorzo de bar hipster pero sen sair da túa casa 🙂
Deixo aquí a receita porque será un dos básicos que incorporarei ás miñas receitas habituais.
Ingredientes
- 1 culler sopeira de liño moído
- 3 culleres sopeiras de auga
- 2 plátanos maduros
- 360 ml de leite vexetal
- 1 culler de postre de esencia de vainilla
- 200 gr de avea en copos
- 2 culleres sopeiras de canela en pó
- 1 culler de postre de Royal (leudante)
- 1/2 culler de postre de sal
- 35 gr de noces normais ou pecanas
- 110 gr de arandos
- 110 gr de fresas
Elaboración
- Prequencer o forno a 180 graos.
- Nun bol mesturar as sementes de liño coa auga e deixar repousar para que forme textura xelatinosa. Cinco minutos bastan.
- Engadir os plátanos e aplastalos ata facelos puré e engadirlle o leite vexetal e a vainilla e mesturar ben.
- Agregar a avea, a canela, o Royal, o sal e as noces e mesturar moi ben.
- Finalmente agregar os arandos e as fresas e remexer con coidado. Volcar todo nunha fonte para forno e meter no forno durante 30-35 minutos.
- Retirar e deixar enfriar. Cortar en porcións e gardar na neveira.
Recomendacións
- Aguantan xenial polo que están moi ben para cortar en porcións e telas listas para o almorzo polas mañás.
- Para un almorzo complementar cun pouco de crema de cacahuete por riba, un fio de sirope ou mel, máis froitas e un té, por exemplo.
- Tamén se lle poden engadir chisco de chocolate do 92% que derriten ben e queda rico atopalos polo medio.
Receita orixinal: Pick up Limes