Almorzo de iogur, froita e avea

Almorzo de avea e ioguir

Xa sabedes que eu para as celebracións sempre tiro de comida, xa que considero que a través dos sentidos e dos momentos compartidos creanse moito mellores recordos que simplemente mercando algo insulso e estandarizado e regalándoo. Así que hoxe para celebrar o día da nai, fixen este almorzo de iogur, froita e avea con todo o amor do mundo.

É moi sinxeliño e fácil de facer e se non tedes algunha das froitas non pasa nada porque admite moita variedade: fresas, plátanos, péxegos, etc.

Ahí vos vai a receita.

Ingredientes

  • 80 gr de avea ou müesli de avea
  • 1 iogur de soia
  • 1 kiwi
  • 10 avelás tostadas
  • 1 culler de postre de pole
  • 1 culler de postre de mazás deshidratadas
  • 1 culler de postre de sementes de chía
  • 1 culler de postre de sésamo tostado
  • 1 culler de postre de mel do páis

Elaboración

  1. Encher a metade dun prato coa avea e a outra metade co iogur.
  2. No medio colocar o kiwi en toros.
  3. Nun canto colocar as avelás.
  4. Sobre o iogur espolvorexar a mazá deshidratada, a chía, o sésamo e o pole.
  5. Botar por riba un fio de mel ao gusto.
[box type=”tick” icon=”none”]
  • A froita pódese reemplazar ou mesturar con outras que tamén quedan ben como as fresas ou o melocotón.
  • As mazás deshidratadas pódense facer na casa pelando mazás en toros e deixandoas entre 7 e 8 horas no forno a 50 graos.
  • Para facer o iogur de socia caseiro, pódes consultar esta receita.
[/box] [box type=”info”]Receita orixinal: mestura de moitas que vexo na rede. Pero en concreto, fixeime nun que fixera fai tempo Isasaweis.[/box]

2 Comments

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*