Imos cumprindo anos e faise necesario fixarse máis na proteína que engadimos en cada comida para non perder masa muscular. Así que, aquí vos comparto o último almorzo que fago que se pode preparar o domingo e podese disfrutar da neveira toda a semana.
Case 30 gr de proteína por ración. Ahí é nada.
Ingredientes
- 2 tazas (das que son de 250 ml) cheas de avea
- 2 plátanos
- 4 ovos
- 4 culleres sopeiras de cacao en pó.
- 4 culleres de postre de levadura en pó.
- 2 tazas de leite (pode ser a que queiras, de vaca, de améndoa, de arroz, etc)
- 3 “scoops” de proteína de chocolate
- Para poñer por riba, framboesas, pebidas de choco, arandos, o que che guste.
Elaboración
- Mesturar todos os ingredientes (da igual a orde) nunha procesadora tipo Thermomix ou coa batidora.
- Engraxar unha fonte refractaria e volcar a mestura.
- Meter no forno prequencido a 180 graos durante 30 minutos. Deixar enfriar e gardar na neveira.
Recomendacións
- Para o “scoop” (un caciño) de proteína, eu uso a vegana de chocolate de Belevels. Enlace aquí.
- Pódese conxear en racións e ilas sacando cando queiras almorzalo.
- Queda con textura tipo brownie.
Receita orixinal: Fit Foodie Selma