Ingredientes
180gr de fariña de maiz precocida para arepas P.A.N.
300gr de agua
Un chisco de sal
Elaboración
1) Poñer todos os ingredientes no vaso e mesturar 20 segundos en velocidade 6. A masa quedará esparexida polas paredes do vaso. Baixala e sacala do vaso.
2) Coas mans húmidas formar bolas de 48 gr máis ou menos e aplastalas deixándoas dun grosor de 1 centímetro e medio máis ou menos.
3) Fritilas polas dúas caras nunha tixola con aceite e deixalas secar nun papel absorvente.
Notas
Aptas para celíacos.
Se se queren facer máis lixeiras, pódense marcar un pouco na plancha con pouco aceite e despois poden ir ao forno durante 15 minutos a 180º.
Como recheo pódese usar por exemplo guacamole.
Fonte
Receita orixinal: Velocidad cuchara
2 Comments