As arepas sempre triunfan na nosa casa e cando chega a caloriña, sempre apetecen feitas no forno, fritidas ou á brasa.
Hoxe quixemos darlles un toque “chic” e lanzámonos a esta versión un pouco máis de restaurante.
A combinación resultou moi ben, así que, aquí deixo constancia da receita.
Ingredientes
- Arepas
- 180 gr de fariña de maiz para arepas
- 300 gr de auga Pesto vermello
- 1 culler de postre de sal
- 2 culleres sopeiras de levadura de cervexa
- 4 culleres sopeiras de améndoas
- 6 tomates secos en aceite
- 2 culleres sopeiras de auga
- 1 cull sopeira de piñóns
- 1 culler de postre de sal
- Un puñado de alfábega Toppings
- Cebola morada
- Rúcula
- Calabizo
Elaboración
- Poñer na Thermomix todos os ingredientes das arepas e mesturar 20 segundos en velocidade 6. Sacar do vaso e darlle forma e deixar repousar 5 minutos. Logo ir sacando bolas e aplastalas para facer as arepas. Fretilas na tixola ou poñelas no forno.
- Nun vaso de batedora mesturar todos os ingredientes do pesto vermello (todos os da lista agás a cebola, a rúcula e os calabizos). Triturar ben todo ata facer unha pasta.
- Dourar a cebola nunha tixola ata deixala ben branda e dourar tamén o calabizo.
- Montar cada arepa poñendo un pouco do pesto, logo cebola fritida, logo calabizo e rematar coa rúcula.
Recomendacións
- O calabizo queda ben normal ou picante.
- Con cebola caramelizada tamén queda espectacular.
- Tamén queda ben só cunha paste de tomates secos como base.
Receita orixinal: invento xurdido das cousas que había pola casa .