Thermomix
Ingredientes
(4 racións)
2 dentes de allo
3-4 ramiñas de pirixel fresco (só as follas)
60 gr de aceite de oliva
250 gr de cabaza cortada en dados
1 chisco de azafrán en hebra
900 gr de caldo de verduras
300 gr de arroz (tipo bomba)
50 gr de queixo relado
Pirixel para espolvorexar por riba
Elaboración
1) Poñer no vaso os allos, o pirixel e trocear 5 segundos en velocidade 5.
2) Coa espátula, baixar os ingredientes cara o fondo do vaso e incoporar o aceite e a cabaza e refogar 6 minutos a 120 graos, xiro á esquerda e velocidade cuchara.
3) Engadir o azafrán e o caldo e programar 10 minutos a 100 graos, xiro á esquerda e velocidade cuchara.
4) Engadir o arroz e programar 10 minutos a 100 graos, xiro á esquerda e velocidade cuchara.
5) Incorporar o queixo relado e programar 3 minutos a 100 graos, xiro á esquerda e velocidade cuchara.
6) Verter o arroz nunha fonte, deixar repousar 2 minutos e espolvorexar con pirixel.
Notas
Na receita orixinal usaban caldo de polo e taquiños de xamón por riba.
Fonte
Receita orixinal: 100 receitas económicas (páx 78)