Arroz mediterráneo

 

Ingredientes

800 gr de auga
50 gr de zume de laranxa
50 gr de zume de limón
4 dentes de allo + 2 dentes de allo
Unhas hebras de azafrán
1 cubilete de follas de perexil
1 culler de postre de sal
1 cayena (opcional)
100 g de pemento vermello
100 gr de pemento verde
200 gr de tomate natural triturado

100 gr de aceite de oliva virxe
500 g de menestra de verdura conxelada
350 g de arroz

Elaboración

1) Poñer no vaso os 4 allos, o perexil e o sal e trocear 15 segundos, velocidade 4.

2) Engadir os zumes de laranxa e de limón, a auga, o azafrán e a cayena. Triturar 20 segundos, velocidade 8. Retirar o caldo e reservar.

3)  Sen lavar o vaso, poñer nel os pementos, o tomate e os dous allos. Programar 6 segundos, velocidade 4. Baixar os restos das paredes coa espátula e poñer aceite.

4) Sofritir 5 minutos, 100 graos, velocidade 1.

5) Colocar a mariposa nas coitelas e engadir a menestra conxelada. Programar 7 minutos, 100 graos, xiro á esquerda, velocidade culler.

6) Botar o arroz e programar 3 minutos, 100 graos, xiro á esquerda, velocidade culler.

7) Engadir o caldo reservado e programar 13 minutos a temperatura varoma, xiro á esquerda, velocidade culler. Hai que retirar o cubilete e poñer no seu lugar o cestiño para evitar salpicaduras e permitir que evapore mellor.

8) Sacar o arroz para unha fonte de servir un pouco fonda e distribuílo ben. Removelo cunha espátula e deixalo repousar un par de minutos antes de servir.

Notas

Os arroces máis axeitados para este prato son o redondo e o bomba.

Fonte

Receita orixinal:  Thermorecetas

 

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*