En breve comezamos de novo a traballar, así qeu vou ir sacando do polveiro as receitas qeu fun facendo este verán e que poden servir para levar ao traballo nun tupper.
Esta é unha das que me deu bo resultado. Faise unha tanda grande e logo tense no conxelador. Cando se precisa, só se ten que sacar do conxelador, meter nun tupper e lista para levar.
Aquí vos comparto a receita de Pick Up Limes coa que facer estas barriñas saudables que non levan máis azucre que o dos dátiles.
Dentro receita.
Ingredientes
- 12 dátiles deshuesados
- 180 gr de avea gorda
- 250 de manteiga de améndoas
- 28 gr de liño moído
- 1 culler de postre de canela en pó
- 375 ml de iogur (soia ou vaca)
- 100 gr de froitos do bosque frescos ou conxelados
Elaboración
- Nunha tixola cun chisco de auga, guisar os froitos do bosque ata que queden desfeitos e boten o zume. Reservar.
- Na thermomix mesturar os dátiles coa avea, o liño, a manteiga de améndoa e a canela.
- Colocar esta mestura nunha fonte previamente cuberta con papel de forno e presionar para facer unha base.
- Por riba verter o iogur e agregarlle os froitos do bosque facendo movementos para que faga efecto marmolado.
- Deixar qeu conxele polo menos 2 horas. Logo retirar e cortar en forma de barriñas e voltar conxelar para ter listas sempre que queiramos.
Recomendacións
- Canto máis cremos o iogur máis denso queda; e é recomendable deixar cada barriña uns cinco minutos fóra do conxelador antes de consumir.
- Aos froitos do boque tamén se lles pode engadir sirope de ágave/arce, etc.
- Están estupendos para levar nun tupper como merenda ao traballo.
Receita orixinal: Pick up Limes