2 plátanos
140 gr de arándanos
250 ml de auga fría
375 ml de leite de améndoas
2 dátiles sen óso
canela en pó ao gusto
Elaboración
1) Meter todos os ingredientes na Thermomix e triturar a velocidade 8 durante 40 segundos.
Notas
Probeino tamén con leite de soia e queda ben. Con leite de avea, se tes pasas no licuado queda case callado e non queda unha textura agradable.
O ideal é que tanto a auga como o leite vexetal estean ben fríos. Dalle mellor sabor.
Os arándanos que usei son frescos da horta de Ultreia Rural, que os fai crecer sen ningún tipo de pesticida nin produto químico dañino. Merecen a pena, están riquísimos.
Fonte
Receita orixinal: Danza de fogones