Quixen levar un biscoito sinxelo de facer para todo o mundo ao convite que nos fixeron en “Ortigueira entre fogones” pero non me convencía a receita que tiña de pastel de algarroba. Así que recurrín ao sempre fantástico receitario de Mute Food.
Se non os coñecedes, recoméndovos que os sigades en instagram especialmente. Eu comeríame absolutamente todo o que publican. É unha conta para todos aqueles que pensan que os veganos só comen catro leitugas e dous tomates. Vades flipar coas cousas tan vistosas que fan conservando a sinxeleza. Un deleite para a vista e para o padal. Ademais son de aquí da terra e os seus posts son sempre moi entretidos.
O dito, non deixedes de pasar pola conta de Nai e Tito porque quedaredes gratamente sorprendidos.
Ingredientes
- 380 gr de calabacín
- 150 ml de aceite de oliva
- 150 gr de panela
- 16 gr/1 sobre de levadura (Royal)
- 1 culler sopeira de bicarbonato
- 250 gr de fariña de todo uso
- 40 gr de fariña de algarroba
- 1 culler sopeira de esencia de vainilla
Elaboración
- Prequencer o forno a 180 graos.
- Pelar o calabacín e trituralo na Thermomix (ou cunha batedora). Agregar o aceite e mesturar todo moi ben.
- Tamizar a fariña e mesturar nun bol todos os ingredientes secos: a panela, a levadura, o bicarbonato e a fariña de algarroba.
- Agregar a esencial de vainilla á mestura de calabacín e aceite e mesturar todo cos ingredientes secos.
- Engraxar un molde de 24 cm de diámetro e volcar a mestura. Cocer no forno durante 35-40 minutos.
- Deixar arrefríar 10 minutos antes de desmoldar.
- Para que quede máis húmido, deixalo só 30 minutos xustos.
- Queda xenial cunha cobertura de queixo vegano con azucre por riba.
Un comentario