150 gr de zume de laranxa
100 gr de auga
80 gr de aceite de xirasol
260 gr de cenoria relada
200 gr de fariña integral
100 gr de azucre moreno
1 cullerada sopeira de mel
1 culler sopeira de levadura
1 culler sopeira de bicarbonato
1 culler sopeira de canela
75 gr de noces picadas
Crema:
150 gr de queixo crema
5 culleradas de azucre moreno en pó
1 cullerada de zume de laranxa
reladura de media laranxa
Elaboración
1) Prequencer o forno a 175 graos.
2) Nun bol, mesturar todos os ingredientes.
3) Volcar a mestura nun molde para forno engraxado previamente.
4) Meter no forno durante 45 minutos.
5) Unha vez sacado o bizcoito do forno, deixalo enfriar e despois cubrir coa crema de queixo. Para facer a crema de queixo, simplemente mesturar todos os ingredientes.
Notas
Este bizcoito hai que gardalo no frigorífico por mor do queixo.
Queda un pouquiño húmido. É normal.
Fonte
Esta receita pasouma a miña amiga Ingrid que fai uns pasteis riquísimos e moi variados.