Ás veces Javier, o rapaz de Dimensión Vegana, é un pouco trapallas coas receitas e como él cociña moi ben pois fai todo a ollo e claro logo as receitas non me saen igual ca el. Pero neste caso teño que devolverlle a honra porque este biscoito vegano sae mallado e queda riquísimo.
Ideal para unha merenda con te ou café con amigos e ademáis libre de produtos de orixe animal :).
Ingredientes
500 gr de fariña con levadura (tipo Bizcochona)
un chisco de sal
1/2 taza de azucre glas
1/2 culler de postre de levadura Royal
2 tazas de leite de améndoas
1 culler de postre de esencia de vainilla
3/4 de taza de aceite de xirasol
1 culler sopeira de vinagre de mazá
500 gr de cereixas sen óso
Para a glasa
o zume de 1 limón
media taza de azucre glas
Elaboración
1) Por un lado mesturar nun bol todos os ingredientes secos: a fariña, o sal, o azucre glas e a levadura. Mesturar por completo.
2) Noutro bol mesturar os ingredientes líquidos: o leite vexetal, a vainilla e o aceite. Mesturar ben.
3) Incorporar os ingredientes líquidos aos sólidos e remexer. Agregar a culler sopeira de vinagre e seguir removendo ata que quede perfectamente integrado.
4) Volcar a mestura sobre un molde duns 22 cms de ancho, aceitado e enfariñado para que non se pegue o pastel.
5) Por riba colocar as cereixas partidas á metade sen óso.
6) Meter na parte media do forno prequencido a 190 graos durante 45 minutos ou 1 hora.
7) Retirar do forno, deixar arrefriar 15 minutos e desmoldar.
8) Preparar a glasa mesturando nunha taza o azucre glas co zume de limon. Ir incorporando pouco a pouco o zume ata que vaia quedando unha pasta que escorrega un pouco. Cando estea nese estado, distribuíla pola superficie do biscoito. Deixar arrefriar para que solidifique.
Notas
– Para desmoldalos mellor, eu póñolles un papel de forno na base do molde.
– Pódense usar froitos do bosque en lugar de cereixas tamén.
– O leite de améndoas haino no Gadis de Ortigueira.
Fonte
Receita orixinal: Dimensión vegana