Biscoito de maíz

Este verán, tivo que vir unha amiga de Bilbao para descubrirme a receita deste biscoito de maíz que facía unha veciña de aquí ao lado mesmo :). Cousas da vida, jejeje.

A receita é perfecta, sae sempre e queda un biscoito de maíz compacto, rico, húmido e que de momento, gustou a todos o padais, dende os máis esixentes aos que tragan de todo.

Ingredientes

  • 100 gr de aceite de xirasol.
  • 225 gr de azucre.
  • 1 iogur natural (125 gr aprox).
  • 3 ovos.
  • 1 sobre de levadura Royal (16 gr)
  • 200 gr de fariña de maíz

Elaboración

  1. Prequencer o forno a 180 graos.
  2. Na Thermomix mesturar todo menos a fariña durante 3 minutos a velocidade 3 e medio.
  3. Pasado ese tempo, incorporar a fariña de maíz.
  4. Pasar a un molde de cake e meter no forno durante 53 minutos con calor arriba a e abaixo.
Recomendacións
  • O molde que eu uso é de 11 cm de ancho por 21 cm de longo.
  • A fariña é de maíz, non da de facer arepas branca refinada. Eu colloa da marca Adpan (no Gadis). Deixovos unha foto máis abaixo. Ollo, que sexa esa e non outra que hai que é un preparado para repostería con levadura e demáis.
  • Como toque extra, a miña amiga Ingrid comentoume de engadir reladura de limón e flores de lavanda. Con ambos engadidos queda moito rico tamén.
  • Aguanta moi ben o paso dos días polo que é un biscoito ideal para facer o domingo e que dure toda a semana.
Receita orixinal: compartida por María que lla deron na Granxa do Souto.

2 Comments

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*